Tradución ao galego

From Arcmage Wiki
Jump to: navigation, search

Obxectivo

O equipo de tradución ao galego ten como obxectivo adaptar ao galego os contidos en inglés do xogo. En principio, será un traballo de mera tradución, se ben pode que haxa que facer algunha adaptación á nosa cultura, xa se verá. En xeral a (miña) idea é seguir os criterios de tradución que se seguen con A batalla por Wesnoth, xa que malia ser mundos distintos os dos dous xogos, o vocabulario e construcións a empregar en ambos os dous universos son bastante similares (adaptacións de nomes propios, vocabulario medieval e especialmente relacionado coas armas, e pode que mesmo necesidade de elaborar termos novos en galego como no caso das unidades do Wesnoth).

Colaboradores